Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Balseiros anuncia investimentos que dinamicen o sector lácteo galego

Celebrou en Lalín unha xuntanza para explicar aos gandeiros a estratexia da Xunta

Lalín. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, mantiveron onte en Lalín un encontro con gandeiros da comarca pontevedresa do Deza para explicarlles a Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego da Xunta.

Así, no marco da rolda de contactos que se está a levar a cabo para dar a coñecer ao sector as medidas que se prevé aplicar ata o ano 2025, o director xeral destacou que o Executivo autonómico investirá máis de 350.000 euros este ano para botar a andar dito plan, que persegue fortalecer a profesionalización do sector lácteo e a mellora da súa rendibilidade, ademais de defender a calidade dos nosos produtos lácteos.

Con todo, apuntou que non se pode falar dun orzamento único, xa que a eses cartos hai que engadirlle partidas como as dirixidas á posta en marcha de proxectos de mobilización de terras.

Nesa liña, José Balseiros sinalou que a futura Lei de Recuperación da Terra Agraria (recentemente rexistrada no Parlamento de Galicia) contempla instrumentos de mobilización totalmente voluntarios que lle permitirán ás explotacións lácteas contar con máis base territorial para producir forraxes ou promover pasteiros. Nesta dirección, sinalou tamén o investimento concibido para a implantación de pastos.

Así, nun dos concellos con maior produción de leite da Comunidade, o director xeral sinalou que a Estratexia persegue consolidar o sector como unha das principais rexións lácteas de Europa, cun alto nivel de competitividade, sostibilidade e capacidade de resiliencia. Para iso, lembrou, actuarase en cinco eixos estratéxicos: a produción, a industria, os mercados, a cadea de valor e a formación e innovación. Balseiros puxo de relevo que a Xunta busca garantir a continuidade das granxas viables, creando un Banco de Explotacións. s. e.

14 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.