Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

a Variante

O BNG di que esperaba que o Goberno central fora máis recepctivo as súas peticións

A Estrada. “A Variante da Estrada terá que agardar a termos un goberno central máis receptivo coas demandas dos veciños e veciñas do noso concello”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba. “PSOE e Podemos rexeitaron cos seus votos as emendas do BNG para a variante”, engade, “así como a mellora do enlace coa AP-53 no Alto da Rocha e o enlace con Guimarei, Cereixo e Vinseiro”.

A voceira afirma que “isto non é un boicot o BNG, é un boicot aos veciños e veciñas da Estrada por parte de PSOE e Podemos”. “E a este boicot tamén temos que sumar a incompetencia e falta de liderado dun alcalde, que é incapaz de mover un dedo polos intereses do noso concello, dá igual que sexan gobernos amigos como inimigos”, engade a edil nacionalista.

Recordar que o BNG presentou unha emenda que multiplicaba por 100 o orzamentado polo Goberno central, “o que de aprobarse daríalle un impulso importante”, afirma Susana Camba, “mais en Madrid, dá igual quen estea, tanto ten PSOE-Podemos, como PP, o Goberno central é insensíbel ás demandas veciñais”.

Por outra banda, a voceira do BNG expresou o seu malestar co goberno de López Campos. “Estamos fartas da súas actitudes prepotentes e maleducadas, e rexeitamos contundentemente as manifestacións do alcalde en apoio ao fascismo encarnado en VOX, así como as graves acusacións de apoio a asasinos, vertidas contra a nosa organización política no pleno municipal”, explican. arca

08 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.