Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Campaña para fomentar entre
os lalinenses un consumo da auga responsable

Desenvólvena o Concello e a empresa concesionaria para anticiparse ás situacións
de seca da época estival

Lalín. O Concello de Lalín e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo municipal de auga, están a fomentar un consumo responsable coa campaña Está na túa man, pecha a billa cando toca. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos hídricos e anticiparse ás situacións de seca da época estival.

Esta mensaxe de sensibilización difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga, nas pantallas de información dixital do casco urbano de Lalín e nas redes socias de ambas entidades.

A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para os meses de xullo e agosto teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período vacacional é imprescindible realizar un consumo eficiente da auga potable.

Actualmente, a capacidade dos embalses da comunidade aínda presenta boas porcentaxes, pero o descenso é continuo. Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil a reserva hídrica atópase nun 62,8 por cento e en Galicia-Costa nun 76 %.

CONSELLOS. Esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.

Tamén hai que ter precaución con actividades típicas deste época e, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda. MARÍA RENDUELES

11 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.