Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Codeseda convértese o 8 de decembro na Aldea no Nadal

Por terceiro ano, a Casa do Patrón e os veciños promoven esta iniciativa pioneira e de dinamización integral do lugar lalinense

Tralo éxito nos dous últimos anos, con máis de 3.000 visitas ao lugar, Codeseda convrtese de novo nunha Aldea no Nadal, unha actividade singular e pioneira promovida polo Museo Casa do Patrón e os veciños deste lugar da parroquia de Doade, en Lalín. Situada no mesmo corazón e centro xeográfico de Galicia, con esta actividade buscan a dinamización integral dunha aldea no período comprendido entre os días 8 de decembro do 2021 e o 6 de xaneiro do 2022, ambos inclusive.

Ademais da iluminación da totalidade das vivendas e da rúa principal da aldea con preto de 80.000 luces de todas cores e tamaños, de novo exporán unha gran variedade de beléns artesanais de múltiples formas, elaborados con diverso material autóctono. Todos eles estarán espallados ao longo do lugar, situados nun pesebre, na sala de actividades do museo, e os de menor tamaño, no interior da Capela do Museo Casa do Patrón, convivindo coa exposición permanente sobre relixiosidade e etnomedicina popular Líbranos do mal, unha mostra única no seu xénero en Galicia, que alberga habitualmente este orixinal edificio, que rememora a capelanía fundada no ano 1710 que tivo esta pequena aldea durante máis de 250 anos.

Ademais non faltará o mercadillo artesanal solidario con postos de varios xoves emprendedores da zona, así como entidades de protección social, dedicadas ao apoio de persoas con diversidade funcional, como Cogami e En Morea. Haberá tamén actividades para nenos, obradoiros e actuacións musicais ao aire libre baixo carpa, nas tardes dos domingos, dun xeito totalmente libre e gratuíto, aptos para todos os públicos, sen máis limitacións que as impostas polas restricións sanitarias da pandemia, segundo o programa xenérico publicado a tal fin.

O xerente do museo, Manuel Blanco, explica que “Casa do Patrón ponlle así o broche de ouro a este ano 2021, cheo de retos, dificultades e traballos, pero tamén de novas actividades, ampliacións e melloras substanciais do seu contido, que o fan aínda máis atractivo, se cabe, converténdose, sen dúbida algunha, no gran ecomuseo das exposicións sobre o patrimonio material e inmaterial”.

Neste ano celebraron numerosos obradoiros, actividades e gastronomía tradicional, todo elo nunha área rural que conta con rutas de sendeirismo, unha área fluvial de natureza e unha aldea totalmente restaurada. No seu haber, tamén, 16 libros e cinco vídeos editados.

25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.