Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cogami busca persoas voluntarias que queran colaborar nas actividades do centro de Medelo

Silleda. O centro de recursos que Cogami ten en Medelo (Silleda) ábrelle ás portas ao voluntariado. Para elo lanza unha campaña na que buscan persoas voluntarias que queiran participar e colaborar nas actividades que se desenvolven para mellorarlles a calidade de vida ás 25 persoas que acoden ao centro de luns a venres. Para poder facer voluntariado en Medelo, dende o centro piden que a persoa sexa responsable, comprometida e con actitude positiva. Esta persoa deberá ofrecer parte do seu tempo libre e tamén coñecementos e, a cambio, obterá a oportunidade de coñecer a un equipo humano que ofrece máis do que recibe.

As actividades nas que se pode colaborar son variadas como informática, deporte, lecer, lectoescritura, educación social, obradoiros de cestería, coiro, tecidos ou cerámica, horta, teatro, terapia ocupacional e tamén se poden ampliar aos coñecementos que poida compartir a persoa voluntaria. Ser unha persoa voluntaria en Medelo significa compartir experiencias, traballar en equipo e medrar en compaña. Os interesados poden contactar no mail crd.silleda@cogami.gal ou nos teléfonos 986 581387 e 663 940759. s. e.

16 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.