Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocan a nova edición do Álvaro Cunqueiro

Lalín. A xunta de goberno de Lalín vén de aprobar as bases reguladoras para convocar o XXIX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, que conta cunha dotación económica de 5.000 euros distribuídos en dous premios: un primeiro de 4.000 € ao mellor traballo xornalístico entre o conxunto de todas as categorías que se presenten (libros, traballos, publicacións ou investigacións sobre gastronomía, webs, traballos gráficos...) e no mellor traballo académico ao que se destinan 1.000 € (prensa, radio, TV e web) dedicado á gastronomía e presentado por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional.

Os traballos poderán presentarse ata o 16 de xaneiro de 2023, unha vez se abra o prazo para o que será necesario agardar a que se publiquen as bases no BOPPO. O Álvaro Cunqueiro, que leva o nome do primeiro pregoeiro da Feira do Cocido, está considerado como o galardón máis importante de xornalismo gastronómico en España. É promovido polo Concello de Lalín, desde 1993, en colaboración coa asociacións gastronómicas galegas, a Axencia Turismo de Galicia e coa Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. arca

12 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.