Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cuíña reuniuse coa xerencia da área sanitaria de Santiago

Recadou información sobre o novo escenario epidémico da localidade que lle transmitiu posteriormente aos voceiros da oposición // A Concellería de Educación repartiu equipos de seguridade nos centros educativos

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, participou hoxe por videoconferencia na xuntanza telemática ca xerencia da área sanitaria de Santiago, unha sesión á que asistiron ademais dos representantes da comisión sanitaria alcaldes dos municipios aos que afectan as restriccións pola Covid 19.

Cuiña, que agradece a información recibida, expuxo algunhas das dúbidas que se plantean co novo escenario en canto a aforos e outras medidas.

Dende as autoridades sanitarias hoxe confírmanse 24 casos activos. Os dous silledenses hospitalizados seguen ingresados, un deles na unidade de coidados intensivos (uci).

Ao remate da reunión Cuiña informou aos voceiros da oposición do contido da mesma e dos datos aportados.

Así mesmo, e tendo en conta a restricción que afecta ás reunión de persoas non convivintes, tanto en espacios pechados como na vía pública, decidiuse que o vindeiro pleno ordinario, previsto para o día 24, se celebre de novo con quorum reducido, coa presencia proporcional de edís por grupo.

Tamén na xornada de hoxe se realizaron test serolóxicos a toda a plantilla municipal e membros da Corporación.

NOVAS MEDIDAS DENDE ONTE. Esta restricción das reunións con persoas non convivintes é unha das novas medidas impostas no concello dezán dende o día de onte. Un “previsible” aumento das restriccións sanitarias dado o aumento de casos rexistrado durante a pasada fin de semana que coloca a Silleda, á altura do veciño concello de Lalín, Santiago de Compostela ou Poio. Dentro deste paquete de medidas está tamén a limitación dos aforos ao 50% en establecementos comerciais, de restauración e hostelería, así como en bibliotecas, academias ou autoescolas. No caso de celebracións non se poderá superar o 50% do aforo da sala, nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 ao aire libre.

“Xa contábamos con que en Silleda se aplicaran estas medidas, non en vano, o luns xa decidimos dende o Concello adoptar decisións anticipándonos á estas accións”, explicou onte o alcalde, Manuel Cuiña.

Así, o luns emitiuse un bando informando do peche dos parques infantís e áreas biosaudables, os centros sociais das parroquias, e suspendendo as actividades culturais, ademais de continuar cas instalacións deportivas pechadas.

ENTREGA DE EQUIPOS DE SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS. Por outra banda, a concelleira de Educación Ángela Troitiño, e a tenente de Alcalde, Mónica González Conde, entregaron hoxe nos tres centos educativos de Infantil e Primaria (CEIP Plurilíngüe de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela e CPR María Inmaculada) máscaras reutilizables para todo o alumnado así como as fundas para as máscaras cirúrxicas donadas por Arlit para o alumnado de Primaria.

Por outra banda, dende o Concello de Silleda continúase cas desinfeccións periódicas nos patios e inmediacións dos colexios que se realizan dende o inicio do curso a primeira hora da maña.

17 sep 2020 / 15:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.