Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Destacan a catro empresas do rural do Deza como modelo de adaptación

Os seus casos foron analizados na sesión webinar Inspirándonos da Deputación

Lalín. Catro empresas nacidas dende o mundo rural foron protagonistas da segunda sesión Inspirándonos, auspiciada dende o viveiro de empresas da Deputación en Lalín. A webinar Aposta e posta en valor do territorio foi presentada pola presidenta Carmela Silva e serviu para achegarse á traxectoria de éxito de Casa de Lagoreiro, Namorarte, Trasdeza Natur e Maruxío-Casa Terra de Rebolos. Silva destacou que se trata de “catro proxectos potentes e ben ligados ao territorio, que exemplifican o éxito na adaptación dos modelos de negocio neste cambio de paradigma a causa da covid-19“.

Na sesión participaron María Rivas Couceiro, de Maruxío e Casa Terra de Rebolos (A Estrada), un obradoiro de galletas artesás e un aloxamento nunha antiga casa de aldea que é un espazo colaborativo con oferta de formación relacionada coa alimentación saudable, a saúde e a educación; María José Tallón García (Silleda), de Trasdeza Natur, un proxecto de agricultura ecolóxica e sostible que, ademais de vender produto fresco, comercializa en liña produto deshidratado empregando a enerxía do sol; Alejandro Brey, da Casa do Lagoeiro (A Estrada), casa de turismo rural promotora da iniciativa Solpores no Lagoeiro, un ciclo de concertos e espectáculos realizados no exterior da casa, y Carmen Pereira Costa, de Namorarte, axencia de turismo de experiencias baseadas na cultura e na arqueoloxía do territorio. Está no Viveiro de Barro. arca

13 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.