Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Cun emotivo discurso, do director do Museo Casa do Patrón, despediu a Aldea no Nadal do Camiño, que pese a pandemia encheu de actividade cultural o lugar estradense TEXTO Sol Elvira

Doade entonou o ‘pobre de min’ no apagón das 80.000 luces navideñas

“Queridos amigos, chegou o triste momento de entonar o ‘pobre de min’, porque toca ao seu fin a Aldea no Nadal do Camiño en Codeseda, pero facémolo coa esperanza e a firme convicción de que xa só quedan 11 meses para repetilo no vindeiro mes de decembro”. Con estas emotivas verbas o director do Museo Casa do Patrón, Manuel Blanco, iniciaba o emotivo discurso de despedida dun proxecto que iluminou con 80.000 luces a pequena aldea de Doade e que durante cinco domingos e o día de Reis viviu representacións teatrais, actuacions musicais, un mercadillo solidario e onde se podían contemplar sesenta beléns artesanais feitos a man polos veciños e veciñas da zona.

Nese periodo tamén disfrutaron de conferencias sobre o Camiño de Santiago na propia aldea de Codeseda e tamén nos centros escolares dos concellos do Deza polos que atravesan a comarca os Camiños da Vía da Prata e de Inverno. Tamén houbo un concurso de postais sobre a importancia da Ruta e andainas pola Vía da Prata e pola ruta homologada do Castro de Doade, que a une co formidable conxunto etnográfico de Codeseda. “En definitiva, foi un acto multicultural, cheo do colorido, festa e ilusión, dos que tan necesitados estamos nos tempos actuais”, relataba Blanco.

“Unha vez máis fixémolo! E nesta ocasión non era doado: conseguimos executar a totalidade do programa inicial proposto en momentos de extrema dificultade, tanto pola súa gran complexidade, como polas circunstancias adversas provocadas pola pandemia”, se congratulaba o responsable do Museo.

“Os veciños desta pequena gran aldea de Codeseda e dos demais dez lugares que conforman a parroquia lalinense de Doade xuntos, facendo unha gran piña, fomos capaces de derrotar e deixar atrás os nosos temores iniciais: o medo á pandemia, á chuvia, á neve, ao vento, ás xeadas. Todos nós podemos e debemos sentirnos ben orgullosos de poñer a nosa parroquia no mapa da cultura, da tradición e do progreso, tamén polo tempo do Nadal, facendo deste humilde lugar un auténtico faro na tenebrosa costa da morte na que se atopan inmersas a maioría das aldeas galegas, na época máis fría, escura e nostálxica do ano, que, por outra banda, resulta ser a máis acolledora, na que o ser humano se parece un pouco a si mesmo, deixando por uns días de ser lobo para o seus semellantes”, concluyó.

11 ene 2021 / 12:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.