Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En marcha o marcado para a nova senda en Silleda

Silleda. Persoal técnico designado pola Deputación de Pontevedra achegouse ata Silleda para marcar os límites polos que discorrerá a nova senda peonil na EP-7201 e que unirá a rotonda de enlace coa N-525, a nova rotonda da Pedrosa e a glorieta do instituto, chegando ata o acceso ao núcleo de Toiriz. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a concelleira de Urbanismo, Paula Fernández, mantiveron un encontro cos veciños propietarios de vivendas situadas nas zonas de obra para darlles a coñecer de primeira man as zonas de afeccións desta actuación tan demandada por eles.

Sobre o terreo, tanto os técnicos como a veciñanza puideron comprobar que a maior parte das propiedades foron xa expropiadas no seu día, e que as afeccións tan só se producen en dúas parcelas nas que será necesaria a cesión dunha marxe de terreo, así como desprazar nunha delas unha parte do peche dunha vivenda por resultar tamén afectado.

A partir do momento no que os veciños afectados asinen as actas de cesión, procederase á sinatura do convenio ca Deputación pontevedresa e poderán licitarse as obras, que teñen un prazo de execución de 6 meses. Así o confirmou o alcalde, que confía “na boa vontade dos propietarios afectados para resolver canto antes este procedemento e que as obras poidan iniciarse canto antes”, xa que “non son unhas simples sendas de paseo; con elas chegarán os servizos públicos”, dixo. c. e.

14 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.