Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

que une Caldas e Catoira

O PP pide a Deputación provincial unha reforma que permita cambiar o trazado da EP-801 e elimine as curvas máis perigosas

O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra “solucións inmediatas” para a EP-8001, entre Caldas de Reis e Catoira, unha estrada perigosa, que concentra numerosos accidentes e que, de feito, así ten sinalizado un tramo de 4,5 quilómetros. Piden que se faga unha reforma urxente e en profundidade, que permita cambiar o trazado e eliminar as curvas máis perigosas, así como outras medidas adecuadas para incrementar a seguridade desta vía perigosa e con tramos de concentración de accidentes.

Pepa Pardo, xunto con outros deputados, visitou a estrada acompañados polos voceiros do PP de Caldas de Reis e Catoira, Fernando Pérez e Iván Camaño, e varios concelleiros populares. A deputada sinala que “a Deputación ten a responsabilidade de garantir a seguridade nesta estrada, na que hai unha situación de extremo perigo que esixe dunha actuación en profundidade para minimizar os tramos de maior sinistralidade”. Por iso, avanza que rexistraron unha moción para debater no pleno provincial deste mes e que, confían, conte co respaldo de toda a Corporación. É a mesma moción que aprobaron recentemente en pleno as corporacións de Catoira e Caldas de Reis, no primeiro caso por unanimidade e, no segundo, coa abstención dos socialistas. “O Goberno provincial debe tomar parte e atender as reclamacións xustas e lexítimas destes concellos”, engade.

Nesta liña, Iván Caamaño subliña que “urxe unha solución por parte da institución provincial, porque nesta estrada estanse producindo un número importante de accidentes, moitos deles graves. É unha reivindicación que desde o PP levamos tempo facendo, e que é moi importante para os veciños dos dous concellos, e para os condutores e peóns desta estrada”, Lembran que a EP-8001 é unha das estradas provinciais que máis tráfico rexistran, por riba dos sete mil vehículos diarios, en moitos casos vehículos industriais posto que esta é a estrada que usa todo o Barbanza para acceder á AP-9 dirección sur.

22 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.