Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Espectáculo didáctico nos IES de Lalín ao redor da menstruación

Dirixido ao alumnado de 3º da ESO, corre a cargo da escritora e actriz Sole Felloza

Lalín. Os IES Laxeiro, Ramón María Aller e Sciencia de Lalín acollen hoxe, martes, un espectáculo didáctico ao redor da menstruación e a endometriose que ofrecerá a escritora e actriz Sole Felloza e que estará dirixido ao alumnado de 3º da ESO do IES Laxeiro, de 10.00 a 11.00 horas, e no IES Aller e Scientia, en horario de 11.30 a 12.30.

“Si a regra doe tantísimo que non che deixa facer vida normal, algo vai mal”. Isa foi a frase que salvou a protagonista deste monólogo cómico informativo ao redor dunha doenza que afecta a catro de cada dez mulleres.

Actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, Sole Felloza é directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia.

Na súa faceta de escritora ten publicados libros como A Cociñeira do rei (OQO, 2015) Premio Europeo de Narración Oral ao Mellor conto para nenas e nenos. Traducido ao portugués, polaco, e linguas oficias de España.

En canto ao seu labor docente en narración oral foi directora da posta en escena do Instituto do Mediterráneo de Pepe Monleón do espectáculo Tirant Lo Blanc con mozos de capacidades diferentes de sete países de Europa.

Ademais, imparte obradoiros de teatro nos centros penitenciarios de mulleres de Teixeiro e para monitores de diferentes centros penitenciarios da Península. Tamén fai circuítos teatrais, obradorios de narración para centros de ensino e de FP e traballos de animación á lectura en bibliotecas. m. rendueles

22 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.