Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A Federación de Entidades Galegas de Cataluña galardoou á cantante teense polos seus trinta anos de traxectoria e promoción da cultura galega// O acto tivo lugar en Lalín e nel foron premiadas unha quincena de persoas TEXTO Pedro Brea

Fegalcat recoñece co Alecrín de Ouro á artista Pili Pampín

A Federación de Entidades Galegas de Cataluña fai entrega cada ano do Alecrín de Ouro, un galardón sen dotación económica que serve para distinguir persoas ou proxectos destacados en distintos ámbitos da cultura galega. A entrega non ten unha sede preestablecida polo que cada ano un concello distinto acolle a cerimonia, como sucedeu no Courel, Celanova ou Vila de Cruces en anos anteriores.

A encargada de actuar como sede neste 2021 foi o concello de Lalín, o cal dispuxo para a celebración deste acto o auditorio da vila. A entrega tivo lugar onte ao mediodía e reuniu a un compendio de artistas e políticos comprometidos coa cultura e a difusión de Galicia. No referente aos asistentes destacan, por un lado, os premiados: a asociación lalinense, Carballo da Manteiga, o escritor Xoán Carlos García Porral, a directora do Museo do Mar de Vigo, Marta Lucio, o presidente da Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana, Pepe de Redondela, a escritora María do Cebreiro, a xornalista Antonia Díaz, a Central Heladera, a artista Pili Pampín, o blogueiro Alberto Rivas, o piloto de trial, Jordi Tarrés, a catedrática en Comunicación Audiovisual, Margarita Ledo, o avogado Luís Cuervo, o libreiro Pablo Rodríguez e o xornalista Siro López, mentras que do espectro político estiveron presentes o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Ángel Santalices, o secretario xeral de Política Lingüística,Valentín García mailo presidente da Fegalcat, Domingo Balboa, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o cal quixo destacar “o papel dinamizador e embaixador dos emigrantes galegos en Cataluña”.

A principal función do premio Alecrín de Ouro é recoñecer o labor que fan determinados personaxes pola difusión e defensa da cultura galega. Este certame conta cun gran prestixio, xa que na súa lista de premiados aparecen nomes ilustres como a Fundación Otero Pedrayo.

A entrega estivo marcada pola distancia de seguridade, os cubrebocas e tódolos protocolos COVID necesarios para poder dotar de certa normalidade a recollida dos distintivos dourados.

Pili pampín. A cantante teense foi unha das recoñecidas no certame do Alecrín de Ouro, dentro da categoría de música. A artista mostrouse moi contenta de que o seu traballo fose recoñecido e, sobre todo, que nun ano coma este, tan diferente, fose tida en conta a súa labor. Ademais, quixo dicir que “estou moi contenta de que todo o meu traballo sexa recoñecido en vida, porque estamos moi acostumados a que a obra de calquera artista sexa aclamada unha vez morto e non en vida, é por iso que me fai especial ilusión”. A maiores, a de Francos, mencionou o especial que foi para ela que neste ano tan complicado se lle outorgue unha distinción tan prestixiosa coma esta. Así pois, no mes de outubro a artista irá a cantar a Cataluña no marco do intercambio e promoción cultural que leva a cabo a Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña. Deste xeito, Pili Pampín pon un selo dourado a unha traxectoria de máis de 30 anos ininterrompidos enriba dos escenarios de toda España, levando sempre a cultura galega como escudo alá a onde sexa que lle toque ir presentar a súa música.

Os premiados tiveron unha comida con tódolos asistentes ao certame organizada pola Federación de Entidades Galegas de Cataluña, e despois visitaron o Museo Etnográfico Casa do Patrón, situado en Doade, o cal recibiu na edición anterior o Alecrín de Ouro dentro do campo da etnografía da nosa comunidade.

11 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.