Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferido en Lalín despois de que o seu automóbil saíra despedido

Bombeiros do Deza excarceraron ao condutor ferido, que quedou atrapado no interior do vehículo tras o impacto. Sucedeu cinco minutos antes das seis da tarde deste domingo, cando un particular chamou ao 112 para informar de que un vehículo saíra despedido e rematara no carril contrario, no punto quilométrico 159 da N-640, en A Veiga, no Concello de Lalín.

Acudiron de inmediato, tras ser avisados polo 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros do Deza, os membros do GES de Lalín, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Ademais, para a evacuación do ferido, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia que o helicóptero medicalizado con base en Santiago tamén se desprazara ao lugar.

De feito, unha vez liberado o condutor do interior do vehículo, os Bombeiros indicaron que o ferido fora evacuado polo persoal sanitario e trasladado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

24 abr 2022 / 22:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.