Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 02 julio 2022
08:03
h

González fixo entrega de roupa contraincendios aos axentes de Deza-Tabeirós

lalín. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, fixo entrega en Lalín de roupa para axentes ambientais e técnicos do distrito forestal XVI Deza-Tabeirós. En concreto, facilitóuselles diferente material aos 18 axentes e técnicos da demarcación, de forma que cada un deles recibiu botas de inverno; anoraks; chaquetas –tanto cortaventos como de verán–-; pantalóns impermeables, de verán e de inverno, xerseis e polos (de manga longa e curta). O titular de Medio Rural explicou que este mesmo equipamento vaise entregar ao longo da semana ata completar o total de 387 axentes ambientais e 170 técnicos repartidos polos 19 distritos forestais de Galicia. Esta medida suporá un investimento de arredor de 1,2 millóns de euros. Neste acto, González puxo en valor o compromiso da Xunta coa profesionalización do seu traballo, que tamén se plasma a través de melloras en eidos como a seguridade, as comunicacións, a mobilidade ou o aproveitamento das novas tecnoloxías. O conselleiro resaltou que todo este esforzo compleméntase coa permanente renovación do parque móbil a disposición do persoal, tanto de vehículos todoterreo como de motobombas. arca

16 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.