Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Humanización das rúas e traballos nas estradas centran as axudas da Deputación de Pontevedra

rede VIARIA. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas subvencións por valor de 1,5 millóns de euros para nove municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Trátase de sete achegas da liña 1 de Investimentos coas que os concellos da Estrada, Valga, Caldas de Reis e Cerdedo-Cotobade realizarán actuacións de seguridade viaria, instalarán mobiliario ou contarán con nova maquinaria. Ademais, con estes investimentos a Deputación financia tamén achegas municipais para as actuacións do Plan ReacPon en Vilaboa, Meaño e Salvaterra de Miño. Na mesma liña tamén foron aprobadas dúas achegas da liña 3 de Emprego coas que Barro e Campo Lameiro contratarán a 22 persoas. No marco da liña 1, para a comarca do Deza foi aprobada unha subvención de 260.139 euros para que A Estrada conte con novo mobiliario urbano (bancos, papeleiras, xardineiras...) en varias rúas nas que o Concello está a facer intervencións de humanización. Para Cerdedo-Cotobade foron aprobados 107.963 euros de aportación á achega municipal do ReacPon coa finalidade de financiar unha liña de media tensión aérea para alimentación do balneario do San Xusto. Pola súa banda, Valga contará con 139.527 euros para sufragar a achega municipal do convenio coa Deputación para a mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil en 450 metros da estrada EP-8501 que separa Valga e Martores. Deste xeito, a Deputación pontevedresa financia o total da obra, que ascende a 463.292 euros. Na comarca de Pontevedra, para o Concello de Caldas de Reis a Xunta de Goberno provincial deu luz verde á disposición de 126.708 euros para que se destinen á subministración de máquina minicargadora con accesorios para limpeza e mantemento coa que se mellorará a eficacia e eficiencia dos traballos de mantemento das estradas rurais do municipio. m. b.

13 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.