Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Interceptan a dous pescadores furtivos de salmóns no río Ulla

lalín. Axentes dependentes da Consellería de Medio Ambiente sorprenderon durante a tarde do 6 de xaneiro a dous pescadores furtivos que se dirixían cara a unha das mellores zonas de reprodución de salmóns no río Ulla, no lugar de Ollares (Vila de Cruces). No momento en que foron localizados, os individuos portaban artes ilegais de pesca, fisgas e trasmallos, xunto a focos de luz e unha escopeta de caza con postas sen a documentación pertinente. Tras ser sorprendidos, os furtivos déronse á fuga, pero tras unha persecución foron finalmente interceptados polos axentes medioambientais, pertencentes ao Distrito XVI Deza-Tabeirós. A raíz deste operativo, presentáronse tres denuncias na Xefatura Territorial de Medio Ambiente en Pontevedra: unha por posesión de artes prohibidas de pesca na zona de servidume do Ulla contra cada un dos dous denunciados, e outra pola tenencia dunha arma sen a documentación correspondente e con cartuchos de munición ilegal (postas). O trasmallo e as tres fisgas decomisadas, de diferentes tamaños e números de dentes, foron entregados para a súa custodia no Servizo Provincial de Patrimonio Natural de Pontevedra, mentres que a escopeta foi levada ao posto da Garda Civil, en Lalín. arca

09 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.