Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín abre ata o 22 o prazo para participar na decoración de balcóns e xanelas no Nadal

Lalín. Lalín abre o prazo para poder participar no II Concurso de Nadal para decoración de balcóns e xanelas promovido polo Concello, a través da concellería de Comercio, e que reparte 1.800 euros en premios. Así o sinala a concelleira, Karen Fernández, que remarca que “este prazo se manterá aberto ata o 22 de decembro, inclusive, de acordo ás bases publicadas no BOPPO, que estarán a disposición das persoas interesadas nas oficinas xerais do Concello e na páxina web www.lalin.gal”.

Fernández explica que para concursar hai que presentar a correspondente ficha de inscrición e fotografía do balcón e/ou xanela en forma e prazo no rexistro do Concello de 08.00 a 15.00 horas ou no correo concursobalcons@lalin.gal, acompañado de fotocopia do DNI. A decoración deberá ter como motivo, exclusivamente, o Nadal e estará exposta, como mínimo, desde o 10 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2023. arca

30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.