Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

o control anticovid nas datas das patronais

lalín. As medidas a seguir durante a celebración das festas das Dores, datas nas que aínda que non hai ningún tipo de evento festivo si se prevé que poida incrementarse dun xeito notable a circulación de xente no casco, centraron boa parte da reunión da comisión

municipal da covid-19. Así, a comisión acordou reforzar a presenza das forzas de seguridade nas rúas durante

os festivos para garantir o cumprimento dos horarios de peche dos establecementos, evitar concentracións e botellóns e para vixiar o estrito cumprimento do número de persoas participantes nas reunións, fixado nestes momentos, polas restricións vixentes, nun máximo de 10. Outra das decisións adoptadas foi sumar ao tradicional peche de rúas que se vén facendo cada ano con motivo das patronais, isto é, ao corte das vías Principal, Joaquín Loriga e Rosalía de Castro durante todos os festivos, tamén o peche da Avenida Luis González

Taboada (desde o parking á rúa Vidal Abascal) e a rúa Pintor Laxeiro (entre Joaquín Loriga e Luís González Taboada) a fin de ampliar o espazo de mobilidade conformando un circuíto peonil en torno á Praza da Igrexa. Uns cortes adicionais destas dúas últimas rúas que se fan efectivos desde o sábado ata o remate de festas. arca

22 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.