Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín anima a participar no premio Maruja Gutiérrez

Lalin. O Concello de Lalín, a través das concellerías de Igualdade e Comercio, vén de convocar o XVI Premio ás Mulleres Dna. Maruja Gutiérrez 2022, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, cuxas bases reguladoras foron publicadas no BOPPO o 28 de xaneiro. O prazo de presentación de candidaturas xa esta aberto e rematará o 22 de febreiro.

Desde as concellerías de Igualdade e Comercio anímase á participación de candidaturas a este premio que ten por obxecto visibilizar e distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e social das mulleres lalinenses no 2022. As persoas interesadas en propoñer unha candidatura ou en optar a este galardón deberán remitilas ao rexistro xeral do Concello, e tamén poderán enviarse por correo electrónico a igualdade@lalin.gal. arca

04 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.