Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín despide cun concerto e tras unha semana o Clarinet Fest

Dezaseis mestres e 48 estudiantes participan na formación musical que finaliza o sábado

Lalín. Lalín está a ser a capital mundial do clarinete durante a semana do 15 ao 23 de xullo para asentar os coñecementos nas novas xeracións que se atopan inmersas no mundo clarinetista. O Xacobeo Clarinet Fest, acolle a 16 mestres procedentes de varias partes do territorio nacional que son os encargados de nutrir aos 48 alumnos e alumnas para mellorar e dar un salto de calidade na súa formación como músicos.

Este festival é un dos máis grandes do mundo e cun formato innovador, xa que os alumnos reciben as clases oportunas polas mañás, realizan os ensaios e son eles mesmos os que poden escoller aos docentes. Ademais, polas tardes, levan a cabo os concertos profundando así nos coñecementos e pondo en práctica as competencias adquiridas ao longo do día. “A gran diferencia con edicións pasadas é que se está a facer como un festival”, ademais, “o formato está conformado por un 50 % clases e un 50 % concertos a diferenza de edicións pasadas”, como menciona Xocas Meijide, director artístico. E é que tamén contén as características de congreso musical e xa acudiron varias empresas internacionais para visualizar o espectáculo. Soamente nos atopamos cun formato similar ao deste festival nos Estados Unidos.

Estes días estanse a facer 3 concertos diarios. O festival rematará o sábado 23 cun concerto na praza da Igrexa no que participarán tanto os alumnos coma os docentes, e será dirixido por José Franch Ballester, director do Ensemble MiXt. maría rendueles

21 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.