Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín estrea en Liñares unha peza autómata no Museo da Marioneta

LALÍN. O Pazo de Liñares estrea estes días unha das pezas claves do Museo do Xoguete e da Marioneta, un autómata que entra a formar parte da importante colección deste lalinense que supera o milleiro de obras orixinais. Así o destaca a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, quen explica que “se trata dun artiluxio exclusivo fabricado artesanalmente para o Concello por Xirapaus (única compañía en Galicia dedicada á realización de autómatas, composta por Ero Vázquez e o lalinense Manu Taboada da man de Trécola Producións) e baixo a idea de Ignacio Vilariño, persoa encargada de levar o comisariado da parte da exposición de marionetas deste Museo e que nos puxo en contacto con Trécola”. “Esta máquina de múltiples personaxes en movemento, que xa é dos lalinenses, recrea un baile da época do Renacemento”, sinalou. arca

05 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.