Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 22 septiembre 2021
10:31
h

Lalín explica aos veciños de Galegos a afección da liña
de alta tensión nesta zona

Lalín. A tenente de alcalde, María Paz Pérez, e a concelleira de Urbanismo, Raquel Lorenzo, mantiveron onte unha reunión cunha trintena de veciños da parroquia de Galegos, na que tamén tomou parte o pedáneo, para explicar a afección a terreos da parroquia da Liña de Alta Tensión de 192KV. A LAT está deseñada para evacuar a enerxía eléctrica procedente dos parques eólicos Orrea de Agolada (que xa está aprobado) e Mesada (en Vila de Cruces) e que atravesa, no seu camiño cara a Portodemouros, un tramo de máis dun kilómetro que afecta a numerosos predios forestais, algúns de gran riqueza biolóxica con presenza de sobreiras, e que se sitúa moi preto do lugar de Penas (Galegos) no que algunhas casas están a menos de 250 metros da liña.

Na xuntanza informouse que o Concello alegará a este trazado. Entre as afeccións que presenta esta alternativa da liña, que inclúe 5 apoios (do 18 ao 22), figuran importantes danos que provocaría nun sobreiral que está situado entre os apoios 18 e 19 e xusto no borde do termo municipal que aínda que non está na rede Natura si presenta características semellantes e singulares como as do Sobreiral do Arnego. arca

18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.