Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lalín oferta axudas para o transporte dos seus estudantes

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar onte as bases reguladoras do programa de transporte de estudantes e do proceso de concesión das bonificacións para o uso do mesmo durante o curso académico 2020-2021, convocado polo Concello de Lalín.

Este programa ten por obxectivo contribuír a reducir os efectos negativos nas economías familiares mais débiles, producidas polos gastos derivados do uso do transporte dende Lalín ás diversas cidades universitarias, dos estudantes residentes e empadroados en Lalín.

Establécense dúas modalidades de bonificación entre as que os estudantes deberán elixir: a modalidade diaria, para as persoas que empreguen os bonos diariamente de luns a venres, ámbolos dous inclusive; e a modalidade semanal, para as persoas que empreguen os bonos dúas veces por semana e calquera día de semana: unha para acudir á localidade onde estea situado o centro no que cursa estudos e outra para regresar ao seu domicilio no concello do Deza.

As solicitudes poden ser formalizadas xa no Rexistro Xeral, e cun plazo de 15 días. Os requisitos das bases poden ser consultadas na páxina web do Concello e da Deputación. Estas bonificacións son compatibles con calquera outra establecida tanto por administracións públicas como privadas.

22 sep 2020 / 16:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.