Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín pavimentará rúas e mellorará firmes no rural

Lalin. O concelleiro de Obras de Lalín, José Cuñarro, avanzou a realizacion dunha serie de intervencións que veñen de ser aprobadas en xunta de goberno e que terán un montante entre todas de preto de 700.000 euros.

Estes traballos teñen como obxectivo “renovar e mellorar unha serie de núcleos e rúas que así o necesitan tras as peticións dos veciños tanto ao comezo do mandato”, segundo apuntou o edil.

As actuacións que se acometerán están comprendidas entre o lugar de Zobra e o lugar de Acevedo, e terán ambas un investimento total de preto de 327.000 euros. Zobra está catalogada como rede natura, polo que se vai levantar o firme do centro e impregnarase un formigón coloreado. En Acevedo farase unha pequena reconstrución dalgún valado así coma do camiño que baixa da igrexa.

Por outra banda, tamén terá lugar a rehabilitación superficial dunha serie de rúas en Lalín, cun investimento de preto de 277.000 euros. Actuarase nun tramo da avenida Xosé Cuíña, nas rúa C, F e X, na rúa Castelao e na rúa Banda Música de Lalín. arca

05 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.