Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín sensibiliza a súa mocidade sobre os efectos do tabaquismo

A especialista Ana López contesta hoxe as cuestións que planean os xóvenes

Lalín. Que lles interesa saber á mocidade de Lalín sobre o tabaco? Senten curiosidade sobre o vapeo, esa nova moda, empregada por moitos dos seus influencers? Por que non existe algunha pastilla ou algo similar para deixar de fumar? O tabaco de liar trae menos aditivos que os cigarros normais? As tabacaleiras pasan algún control sanitario sobre os aditivos ou produtos que fabrican? O programa para deixar de fumar é gratuíto? ...

Estas cuestións foron trasladadas por alumnado do IES Laxeiro. Todas estas preguntas e outras, serán contestadas pola especialista Ana López Durán, en Radio Lalín, hoxe luns, ás 12.00 h, data na que se celebra o Día Internacional sen Tabaco. Co motivo desta efeméride, o Servizo de Prevención de Adicións de Lalín fará unha campaña de sensibilización xunto coa Unidade de Tabaquismo da Universidade de Santiago

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos da Facultade de Psicoloxía da USC ten a súa orixe no ano 1984, cando o profesor Elisardo Becoña comeza a tratar fumadores con distintas técnicas. Así xurde o Programa para deixar de fumar, que se converteu nun referente nacional e internacional no tratamento psicolóxico cognitivo-condutual. arca

31 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.