Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 08 diciembre 2021
22:02
h

Lalín sufraga os gastos do Servizo de Axuda no Fogar con 15.000 euros

LALÍN. O Concello de Lalín vén de recibir unha axuda da Xunta de Galicia de 15.396 euros para sufragar os gastos derivados do programa de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) extraordinario como consecuencia da situación de emerxencia sanitaria. Trátase dunha iniciativa que o Goberno autonómico habilitou o pasado mes de marzo para prestar unha serie de horas extraordinarias dentro do programa como maneira de facer fonte á pandemia, dado que se pecharon os centros de día. Ante as especiais circunstancias exímese do copago aos usuarios, e a Xunta abonará a cantidade fixa de 12 euros a hora de prestación efectiva de servizo. O Concello lalinense continuará prestando o SAF a estas persoas beneficiarias a través da modalidade de libre concorrencia co copago correspondente, segundo a ordenanza reguladora en vigor. A. P.

06 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.