Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lalín traballa nun plan de apoio aos sectores que simplifique os trámites

Lalín. A concelleira de Promoción Económica, Karen Fernández, incide en que o apoio ao sector produtivo é fundamental para o goberno de Lalín “e estamos a traballar nun plan de axudas a fin de sacalo adiante o antes posible, dentro da lei, tratando de simplificar os trámites.”, matiza. Un plan que será complementario ás axudas doutras administracións, “pois entendemos que unha situación coma esta require de respostas excepcionais, como así o solicitamos a través dunha moción no último pleno, que foi aprobada por unanimidade, na que lle pedimos á Xunta que os apoios que sacou á hostalería os estenda ao comercio; ao Goberno central a que habilite un plan de rescate para o comercio e a hostalería, que prorrogue os ERTE e á Deputación (emenda proposta polo BNG) á que habilite unha liña de axudas para este fin”, explicou.

A concelleira dá resposta deste xeito ao voceiro socialista. “Está claro que o señor Santalla nas súas ansias por quedar ben non sabe nin sequera o que votou, pois a Deputación non nos deu nada para a COVID, nin habilitou ningún tipo de axudas que se saiban, e respecto do que afirma que a Deputación nos anticipa, aclararlle que eses cartos proceden da recadación dos lalinenses”, di. arca

02 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.