Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín vai reforzar a presenza de Policía Local nas funerarias

Concello e sector consideran necesario vixiar de preto que se cumpran as medidas sanitarias

O alcalde de Lalín, José Crespo, e as concelleiras de Sanidade e Cemiterios, Eva Montoto e María Álvarez, respectivamente, mantiveron onte unha xuntanza cos responsables das centrais funerarias e tanatorios lalinenses para solicitarlles “que extremen o cumprimento das medidas sanitarias como a utilización de mascarillas, distanciamento de seguridade e hixiene de mans, e que o seu persoal sexa escrupuloso no seguimento das medidas específicas marcadas pola Xunta para este tipo de instalacións”.

Ao tempo, a concelleira de Sanidade indicou que “reforzarase a presenza de efectivos da Policía Local nestas instalacións para que os asistentes e participantes nos velatorios cumpran coa normativa”.

Alcalde e concelleiras solicitaron aos empresarios do sector presentes “que vixíen o cumprimento das normas marcadas e das recomendacións de seguridade sanitaria aplicadas pola administración autonómica, despois de comprobarse relaxación nalgúns casos moi puntuais (pero que poderían implicar a creación de algún gromo de COVID”, segundo sinalaron.

Casos de relaxación que, como recoñeceron os propios empresarios, “son moi puntuais e son os mesmos que se poden observar noutros establecementos ou debido á especial condición dos momentos que se viven nesas instalacións”. Os asistentes comprometéronse a “reforzar as mensaxes de recomendación de seguimento das medidas sanitarias aos asistentes a ditos tanatorios para evitar aglomeracións puntuais ou a superación das cifras marcadas polos protocolos sanitarios” e a reforzar a mensaxe “da correcta utilización de mascarillas e o correcto distanciamento social”.

Pola súa banda, os responsables municipais comprometéronse a “reforzar a presenza da Policía Local” nesas instalacións” para proceder a “facer seguimento do cumprimento da normativa e dos aforos e, no seu caso, recomendar aos presentes o desaloxo de parte dos mesmos para o cumprimento do número máximo de participantes”.

Desde o Concello lalinense informan que nos vindeiros días seguirase avaliando o resultado da reunión para que “na medida do posible se respecten de xeito importante todas as medidas e protocolos”, de especial necesidade ás portas do comezo dunha terceira vaga da pandemia en toda a comunidade galega.

SITUACIÓN ACTUAL. Indicar, por último, que segundo os últimos datos epidemiolóxicos, o Concello de Lalín recortou a súa escalada de casos positivos nos últimos días que, sen ser moi preocupantes, si que amosaban unha tendencia á alza.

Contabilízanse no termo municipal 27 persoas contaxiadas, e a incidencia acumulada mantense por debaixo do cento de casos en catorce días, rebaixándose ata os 79.

12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.