Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Luz verde ao plan vial para adecentar o rural silledense

Silleda. A xunta de goberno de Silleda aprobou o proxecto, con cargo ao Plan Concellos da Deputación, que inclúe o arranxo de vías nas parroquias de Dornelas, Ponte, Taboada, Lamela, Carboeiro,Moalde, Vilar, Margaride,

Silleda, Cira e Bandeira. O investimento previsto sitúase en 605.308,53 €, unha cantidade “que suporá a mellora integral dunha serie de viais con gran tránsito e vertebradoras de distintas localidades e servizos”, indicou o alcalde, Manuel Cuíña.

Así, no proxecto figura o arranxo dun tramo do vial de entronque ca glorieta da PO-211, dende o recinto feiral Semana Verde, e a mellora do acceso e tamén da explanada do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira. Xa na zona rural o plan de mellora viaria inclúe actuacións nas parroquias indicadas ao inicio. En todas elas acometerase a mellora do firme cunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente. “Este novo proxecto unido ao de 2020 con outros sete viais que se executaron nos últimos meses e outras actuacións suporán unha mellora sustancial na extensa rede viaria que temos no municipio de Silleda”, sinalou o rexedor. Aprobosue tamén na sesión iniciar o procedemento para a adxudicación dos traballos. c.e.

28 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.