Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

e Tabeirós

Son para saneamento, pavimentación e conservación de doce estradas da zona

Deza/Caldas. A xunta de goberno da Deputación vén de aprobar investimentos da liña 1 do Plan Concellos e inversións en estradas para as comarcas de Deza, Caldas e Tabeirós, por máis de 1,5 millóns de euros que chegarán a cinco concellos de Área: Caldas Reis, A Estrada, Silleda, Cuntis e Valga.

No primeiro apartado, para Caldas aprobáronse 330.000 euros para o saneamento de residuais no barrio de Tivo, unha inversión que ampliará a rede existente de acordo ás necesidades de crecemento dos núcleos de poboación, completando e modernizando o servizo de saneamento do concello. Pola súa banda, A Estrada contará con 230.000 euros cos que o Concello pavimentará seis vías urbanas que na actualidade presentan unha alta fisuración que afectan á súa impermeabilidade.

FIRMES. Ademais, a Deputación de Pontevedra deu tamén luz verde ás novas actuacións de conservación de firmes en tres zonas da rede viaria provincial ao abeiro do Acordo Marco que regula estes traballos de mantemento dos case 1.700 quilómetros de estradas de titularidade da institución e que supón un investimento global de máis de 4,4 millóns de euros.

En concreto na Zona B (comarcas de Deza, Terra de Montes e Caldas) vanse realizar traballos por importe de 867.897 euros en 12 estradas dos concellos de Silleda (5), A Estrada (4), Cerdedo-Cotobade (1), Cuntis (1) e Valga (1). En total, actuarán en 71,7 quilómetros de estradas. arca

22 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.