Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nones Araújo gaña o Modesto Rodríguez Figueiredo de narración

Silleda. O premio de narración curta Modesto Rodríguez Figueiredo, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro, vén de fallarse no Concello de Silleda, que colabora, por segundo ano consecutivo na que é xa a 47 edición do certame. A mestra e escritora Nones Araújo (Riós, 1953), alzouse co galardón polo relato Paseniño... a desmemoria, unha narración, a decir do xurado, breve, sen artificios, natural e realizada cunha linguaxe de moita calidade. Afincada dende nena en Vigo, Nones Araújo é mestra xubilada e suma este novo galardón a outros recoñementos como o premio Ánxel Fole de narración curta.

Tamén se outorgaron dous accésits. O primeiro deles é para a profesora do IES Eduardo Pondal compostelán Mariña Pérez Rei polo relato A pérfida gringa e o segundo para o relato O fado das marafonas, da autoría de Xosé Lois Rúa Nuñez, escritor e xornalista ourensán. m.b.

29 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.