Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo récord de visitas ao mosteiro de Carboeiro no mes de agosto

Un total de 4.184 persoas achegáronse ao edificio histórico, o 52% delas mulleres

Silleda. O Mosteiro de Carboeiro ven de acadar un novo récord de visitas. Dende que este edificio histórico e patrimonial comezou a súa andaina como lugar turístico, as cifras non fan máis que aumentar. En agosto de 2020 Carboeiro chegaba á súa cifra máis alta rexistrada ata aquel momento con 4032 persoas, cifra que neste ano 2021 se superou con 4184 visitantes.

Como é habitual no perfil turístico, pasaron por Carboeiro unha porcentaxe maior de mulleres (52 por cento) que de homes, de entre 35 e 65 anos (64%) que se achegaron coa súa familia (47%) ou parella (39%) ata o mosteiro e no seu vehículo (94%); porén, unha porcentaxe pequena (5%) decidiron facer o sendeiro do Deza e, cheganto a pé ata o cenobio.

Non obstante, a procedencia das visitas sí é moi diferente a anos anteriores, xa que a maioría das visitas neste mes de agosto de 2021, procedían de fora de Galicia, pero de dentro do territorio español (60%) sendo a Comunidade de Madrid o lugar onde residían a maior porcentaxe destas visitas (741 persoas). Agora ben, Galicia queda por primeira vez nun segundo posto en canto á procedencia, cun 35% de visitas; porén, falase de cifras moi altas.

Dentro da comunidade galega, Pontevedra (45%) e A Coruña (43%) seguen a ser as provincias das que máis visitantes se achegan ao Mosteiro, máis concretamente das grandes cidades como Santiago de Compostela (297), A Coruña (178), Pontevedra (170), Vigo (164) e, desta volta, tamén da de Ourense con 94.

Deste xeito, desde a organización aprécianse pequenos cambios neste punto, inclusive nas visitas de fora de España que foron moi variadas. Estas visitas, 162 persoas, procedían de lugares como Portugal, Alemaña, Francia, Italia, Suiza, Bélxica, Venezuela, Marruecos...

Por outra banda, destacan que unha das características do perfil habitual de Carboeiro era que a porcentaxe máis alta das visitas xa coñecían o mosteiro dende facía tempo e querían volver a velo ou traían familiares ou amigos para ensinarllelo.

Neste caso, puntualizan, tamén se acercaron persoas que coñecían Carboeiro, pero a maioría (55%) das visitas, coñeceron o mosteiro a través de internet. m. rendueles

13 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.