Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Goberno local acomete labores de limpeza e desbroce na Rolda Leste

Está previsto que a comezos de outubro estean rematados estes traballos para posteriormente botar unha capa de zahorra e compactación

O concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres, salienta que “estamos a acometer con medios propios municipais unha actuación na Rolda Leste que vai desde a rotonda de Carragoso ata a rotonda da Carballeira do Rodo, abranguendo as dúas marxes, e que consiste no desbroce e retirada de árbores que estaban obstaculizando o labor das luminarias xa que se entrometían polo medio das farolas”.

Cuñarro destaca que “se trata da segunda actuacións de desbroce e limpeza que está a facer o goberno nestes datas, xa que en días pasados se acometeu o desbroce e limpeza da Avenida de Madrid posto que o estado selvático que presentaban estes dous viais urbanos nos últimos anos non era de recibo e distaba moito de ser o axeitado”.

O edil de Obras subliña que “este goberno está barallando posibilidade, con técnicos municipais, para facer unha senda por detrás da barreira quitamedos na Rolda Leste para que a veciñanza poida ir desde Carragoso camiñando ata a carballeira do Rodo e seguir por sendas alternativas e desde alí continuar por outras sendas, evitando así o uso do arcén que pode supor un perigo para os viandantes e para os condutores”.

“A comezos de outubro está previsto que estea finalizada a retirada de árbores para posteriormente botar unha capa de zahorra e compactación”, sinala Cuñarro.

22 sep 2020 / 18:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.