Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O mini eco punto limpo inicia esta semana a rotación polos centros educativos do concello de Silleda

Esta deseñado para depositar pequenos residuos como pilas e dispositivos de telefonía móbil // O primeiro en acollelo será, o día 1, o CEIP Plurilingüe

O Concello de Silleda inicia esta semana a rotación do mini eco punto limpo polos centros escolares. Esta nova dotación medioambiental chegou o pasado mes de agosto ao municipio a través do programa de Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (Estraee), que promove a Deputación provincial de Pontevedra, e instalouse un no vestíbulo da casa da cultura de Silleda.

Segundo explican desde o Concello esta dotación, deseñada para interiores, permitirá que a veciñanza deposite pequenos residuos eléctricos. En concreto neste punto poderán depositarse pilas e baterías, cargadores, e dispositivos de telefonía mobil e tablets.

Os tres colectores iniciarán o seu periplo nos centros escolares o vindeiro xoves 1 de outubro no CEIP Plurilíngüe de Silleda.

“Con esta iniciativa queremos fomentar a reciclaxe e concienciar á poboación máis nova”, indica o concelleiro de Medio Ambiente, Klaus Brey. O mini eco punto limpo visitará despois o CEIP Ramón de Valenzuela, o CPR María Inmaculada e o IES Pintor Colmeiro.

Esta dotación vén a complementar tamén o servizo dos dous mini puntos limpos, colocados en Silleda (rúa Trasdeza) e na Bandeira (praza da Feira) nos que se pode depositar varias modalidades.

AXUDAS EMPREGO Por outra banda, o Concello de Silleda outorgou no que vai de ano 4 novas subvencións ao abeiro do Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego. Así, outorgou unha axuda de 600 euros a Laura Barreira Castro, para a actividade relacionada con Enxeñaría agrónoma e de montes; outros 600 euros a Daniel Garea Ares, que se deu de alta como autonómo en actividades de xardinería; a Noelia Vázquez, con 900 euros para a apertura dun local adicado a perruquería, e a Yonel a Alexandra Colmenares, que recibe 300 euros para a creación dun centro de estética.

Con estas 4 últimas subvencións, son xa 34 as axudas outorgadas a través deste programa municipal dende a súa creación no ano 2015 por parte da Concellería de Emprego, que dirixe Pili Peón.

No ano 2015, cando se puxo en marcha esta iniciativa dende a concellería de Emprego, outorgáronse 5 axudas; 3 no ano 2016; 8 no 2017; outras 6 no 2018 e no 2019 foron tamén 8 en total “Os datos son moi satisfactorios, xa que nos 5 anos que levamos de axuda a práctica totalidade dos veciños e veciñas beneficiarios seguen en activo ”, indica a concelleira.

O plan iniciouse na pasada lexislatura como unha das grandes apostas do goberno municipal.

28 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito