Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O municipio de Rodeiro esconde un interesante patrimonio arquitectónico

Castros, igrexas, cruceiros e pontes son algúns dos elementos cos que podemos atoparnos

Varias das igrexas establecidas no territorio de Rodeiro ostentan o título de xoias do románico galego e, como tal, cómpre un alto no camiño. É o caso das parroquiais de Asperedo, Carboentes ou Pedroso. Xunto a elas, érguense importantes monumentos da arquitectura civil, como o Pazo de Trasulfe, fundado non século XVI, ou Pazo de Camba, mostra do peso dos Señores de Camba no territorio, e as casas rectorais de Couto e de Guillar, ámbalas dúas de mediados do século XVIII.

CASTROS. Cantelle é un dos emprazamentos castrexos máis emblemáticos de Rodeiro. Situado a unha altura aproximada de 900 metros, ten un perímetro ben definido polo anel defensivo que o protexe, que nalgún lugar chega a acadar gran altura (8 m). Desde él domínase unha extensa paisaxe, podéndose ver varias decenas de quilómetros á redonda. Nas proximidades divísanse outros castros de altura, como castro pequeno e castro grande de Casares ou o castro de A Somoza, nun entorno de claro interese histórico e beleza.

Baroncelle e Casasoa son outros castros do municipio.

IGREXAS. A igrexa desta parroquia, chamada Asperelo, situada ó pé da Serra do Faro é unha das máis fermosas do concello. Comezou a construirse cara o ano 1225 sobre un solar doado ó Mosteiro de S. Pedro de Vilanova de Dozón polo Emperador Alfonso. Consérvase a planta orixinal con unha soa nave e ábside rectangular con dúas portas laterais enriquecidas con boa decoración. No seu interior destaca o bo número de capiteis e figuras esculpida.

Pescoso, é a igrexa originaria do románico rural, da que só se conserva o seu abside. Viu descorrer ó longo dos séculos unha primeira ampliación no S.XVII e a construcción da sua actual fachada a principios da presente centuria. Arquitectónicamente conta con nave única e ábside semicircular de perfecta cantería. A fachada meridional conta con restos románicos: figuras de cabezas de animais na cornixa e porta de arco de medio punto. Os muros laterais están compartimentados por dúas columnas cada un, ços que lle faltan os capiteis. COnta con arco triunfal de medio punto peraltado sobre columnas de capital vexetal. Alterna bóveda de cañon con bóveda de forno. Destaca interiormente a Pía Bautismal de finais do S.XII en forma de copa decorada con cenefas moi desgastadas, moi interesante exemplo.

Camba, anexa ó pazo de Camba, sitúase a igrexa, hoxe en día parroquial, pero en orixe pertencente ó pazo, que tiña acceso directo a ela a través dunha porta na tribuna. A igrexa data do século XII como capela patrimonial dos señores da Casa de Camba. No ano 1618 foi ampliada e reformada, pero na remodelación perdeu, tristemente, a súa portada románica, realizándose unha fachada de estilo barroco. Conserva o arco triunfal, a bóveda e preciosos capiteis.

PAZO DE CAMBA.É emblemático pola súa historia e pola súa construcción e coñecido noutro tempo como Casa Forte de Camba ou Casa dos Churruchaos, a quen pertenceu. Este noble solar é morada da linaxe dos Camba, a máis sobranceira de Rodeiro. A súa orixe, ó igual que a dos habitantes destas terras, está vencellada, segundo García de la Riega, co pobo dos kempsios ou cempsios, pobos kinros anteriores ós celtas, aínda que non é ata a época medieval cando aparecen as primeiras mencións a esta familia. Segundo os autores do libro Historia da casa-fortaleza de Camba, a primeira mención coñecida da “Terra de Camba” data do ano 832, data na que o rei Alfonso II “o casto” concedeu a San Salvador de Oviedo varias igrexas desta comarca a efectos de pagar o censo eclesiástico, pero continuando baixo a autoridade do bispo de Lugo.

PAZO DE TRASULFE. Foi fundado a finais do século XVI, dubidándose se tal feito correspondeu a D. Pedro López Varela de Camba ou a D. Galaor Taboada López de Lemos. O certo é que esta é unha das construccións máis representativas da historia solariega galega, como testemuñan os sete escudos que engalanan o seu portalón, os dous do patio interior, e a Cruz de Malta esculpida sobre a porta da capela. A edificación presenta unha pranta en U pouco pechado, á que se accede a través dun noble portalón con portada de medio punto e grandes dovelas. Entre os elementos exteriores destaca a gran solaina e a balconada lateral que aportan movemento á parede adintelada.

A maiores, Rodeiro conta cun xacemento arqueolóxico coñecido como “Porta de Arcos”. Foi excavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha importante vila romana: bases de columnas, cravos de ferro, bronces do século II, valados de mampostería, cerámica, tégulas e vidro. A maior parte dos materiais atopados están depositados no Museo Provincial de Pontevedra, contando o Museo Municipal de Rodeiro cunha pequena mostra.

16 sep 2020 / 11:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.