Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP de Silleda critica o xeito de executar
as obras da
rúa Progreso

Non se está a facer por tramos, como estaba previsto, prexudicando a comerciantes e veciños

Silleda. O Partido Popular criticou que o goberno do socilista Manuel Cuíña non esté a executar a obra da rúa Progreso por tramos tal e como estaba previsto inicialmente.

O feito de que actualmente estean en obras tres dos catro tramos nos que se planificara inicialmente a execución das obras, supón un grave prexuízo para os intereses dos veciños e dos comerciantes de Silleda que ven como finalmente toda a rúa se está a ver afectada durante a duración da obra.

Dende as filas populares non comprenden este cambio de criterio por parte do goberno municipal: “O feito de executar a obra por tramos independentes estaba plantexado para que os veciños e comerciantes de cada un dos tramos sufrise o mínimo posible os inconvintes que supón a execución dunha obra deste tipo, pero ó final a adxudicataria ten abertos dende o principio desta obra tres dos catros tramos o que supón un duro revés para tódolos comerciantes e veciños desta rúa”.

Esta novo plantexamento na execución da obra supón un claro beneficio para a empresa que ó final vai executando partidas ó longo de toda a rúa, pero perxudica moi gravemente os veciños xa que mentras se traballa nun tramo os outros están parados, pero coas obras abertas.

Según apuntou o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, “unha vez máis nesta obra estamos vendo como o señor Cuíña antepón os intereses da empresa ós intereses dos veciños e dos nosos comerciantes”. c.s.

24 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.