Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP de Silleda denuncia o mal estado do entorno das fervenzas do Toxa

silleda. O Partido Popular de Silleda criticou o abandono por parte do goberno local que preside o socialista Manuel Cuiña de enclaves como as fervenzas do Toxa e o seu entorno, que provocan tamén graves problemas de seguridade nun dos puntos máis senlleiros do concello. A falta de mantemento e conservación provocou que das luminarias que se instalaron no sendeiro que une o parquin co miradoiro, tan só quede unha de no seu sitio, e que nas que faltan estén os cables ao aire sen ningún tipo de medida de seguridade nin de sinalización, o que supón un grave risco para a xente que visite o lugar durante esta Semana Santa. Estes problemas de seguridade esténdese tamén ao entorno do miradoiro, onde hai zonas cun gran desnivel sen ningún tipo de protección, a pesar de que o PP leva anos reclamando a súa reparación para evitar riscos. m. b.

17 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.