Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O prazo para xustificar as subvencións municipais ás entidades culturais, deportivas e veciñais remata o vindeiro 15 de novembro

Os colectivos beneficiarios das axudas, que repartiron este ano máis de 98.000 euros en total, deberán de presentar a documentación requerida no Rexistro Municipal. Debido a que moitas actividades se viron suspendidas pola incidencia da covid-19, aqueles colectivos que non poidan xustificar as axudas deberán comunicalo igualmente

As asociacións, colectivos e clubs que recibiron este ano subvencións municipais do concello de Silleda para desenvolver as súas actividades deben de xustificar estas axudas nas vindeiras semanas tendo como data límite o día 15 de novembro, tal e como se recolle nas Bases Reguladoras das axudas publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra, publicadas o pasado mes de febreiro.

Para xustificar estas axudas, os colectivos deben de presentar as facturas correspondentes así como un documento anexo para a conta xustificativa, que está dispoñible tanto na propia casa consistorial, como na web municipal e tamén nas propias bases, publicadas no citado BOP do día 12 de febreiro.

En total, Silleda repartiu neste exercicio 98.100 euros nas tres liñas de subvencións, para actividades culturais, deportivas e veciñais, beneficiándose un total de 40 entidades (15 asociacións culturais, 12 de carácter veciñal ou de participación social e 13 entidades deportivas), tendo en conta os criterios establecidos nas bases reguladoras.

Nas culturais as maiores cuantías corresponderon as bandas de música (Banda de Música Municipal de Silleda, 18.267 euros e Banda Recreativa e Cultural de Bandeira 14.413 euros). Completan o listado, que se publicou no taboleiro de anuncios o pasado mes de xullo, ademais de comunicar a cada asociación as cantidades, os colectivos Asociación O Cruceiro de Breixa (700 euros); Coral Polifónica Trasdeza (4.000 euros); Anpa Brincadeira (500 euros); Anpa Musiquiños (800 euros); Asociación Feiral Semana Verde (1.000 euros); Asociación Cultural Vista Alegre (3.500 euros); Fortín da Pomba (4.322 euros); Gaiteiros da Pereiriña (700 euros); Xirandola (5.498 euros); Coro Vales Mahía (2.500 euros); Asociación Coto do Castelo (600 euros); Son da Fervenza (700 euros) e Asociación Socio Cultural de Cortegada (500 euros).

No caso das subvencións a entidades deportivas, os clubs beneficiarios son a Escola de Fúbtol de Silleda (6.198 euros); a S.D. Bandeira (6.787 euros); SD. Silleda, CF Lamela e CF Laro (con 3.333 euros respectivamente); Sociedade de Caza, Pesca e Tiro (3.000 euros); BTT Trasdeza (2.501 euros); Club Petanca Bandeira (2.000 euros); SPD Deza Pádel (2.100 euros); Club de Pesca Deportiva Río Deza (915 euros); Club de Pesca Castillo Ulla Deza (600 euros); Club Deportivo Toxarco (500 euros) e CAF Silleda (400 euros).

No tocante ás veciñais e/ou entidades de participación social , completan o listado Avema (414,18 euros); Avecuco (437,42 euros); Copa do Castro 446,47 euros); A Costa de Abades (371,70 euros); Asociación de Veciños de Laro (499,14 euros); Asociación Mulleres Fervenza do Castelo (400 euros); Asociación Santiago Apóstol de Taboada (424,80 euros); Asociación de Mulleres de Dornelas (392,94); Vilar de Trasdeza (463,74); San Miguel de Lamela (463,74); Asociación Veciñal de Ansemil-Martixe (414,18) e Asociación de Veciños de Negreiros 371,70 euros.

Ainda que algunhas das entidades beneficiarias xa presentou a xustificación e xa lle foron abonadas as cantidades –unha vez revisada e comprobada a documentación-, este ano tamén será excepcional neste trámite, dado que algunhas asociacións non poderán xustificar estas subvencións municipais ao non poder celebrar actividades por mor da incidencia da covid-19.

De ser o caso, ou ben se poden realizar xustificacións parciais, ou ben se debe comunicar ao Concello a imposibilidade de xustificar esos gastos.

Así mesmo, dende o departamento de Cultura e Deportes estase xa a traballar nas bases da convocatoria de 2021.

05 oct 2020 / 14:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.