Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PSOE de Lalín esixe ao Concello un plan de rescate para o comercio

Celebraron unha xuntanza co representante da Plataforma en Loita

Lalín. O PSdeG-PSOE de Lalín reclama ao goberno local un plan de rescate para o comercio. A formación vén de reunirse coa Plataforma en Loita polo Comercio Local de Lalín, un encontro que tivo como obxectivo principal expoñer ante os representantes do colectivo as propostas de apoio que ao longo das últimas semanas vén formulando o grupo socialista e de coñecer de primeira man as súas reivindicacións, así como a situación actual dun sector en seria ameaza de supervivencia pola COVID.

O voceiro municipal, Román Santalla, destacou que “as achegas que nos trasladaron dende a plataforma coinciden en gran parte coas que defendemos tanto no pleno de outubro como no deste venres”. “Estamos dispostos a chegar a onde faga falta para que se escoiten e se cumpran as demandas xustas dun sector fundamental para a nosa economía que está nunha situación insostible e que precisa un rescate en toda regra”.

Santalla alertou de que as axudas propostas polo goberno municipal sen contar co consenso da oposición “chegarán tarde para moitos negocios”. “Crespo adiantou que realizará unha modificación de crédito no mes de xaneiro. Entre o prazo de tramitación, exposición pública, elaboración de bases, solicitude e adxudicación, a prestacións non se van cobrar ata ben entrada a primavera e será demasiado tarde para a supervivencia de moitos establecementos que están ao límite e agardan unha frouxa campaña de Nadal”, dixo.

O voceiro socialista sostivo que “o que realmente precisan os comercios é que a xente entre nas tendas a comprar e para iso eran ideais propostas como o bono de 40 euros para maiores de idade que Crespo rexeitou só polo feito de tratarse dunha proposta da oposición”. arca

29 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.