Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obradoiros ‘online’ para celebrar o Día da Muller
en Silleda

Tamén publicarán na súa web un manifesto destacando o papel feminino na pandemia

    Silleda. O Concello de Silleda organiza distintas actividades virtuais para festexar un 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, diferente ao estar marcado pola incidencia da pandemia e os protocolos que impón a situación sanitaria. Así, e coordinados dende a Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM) celebraranse distintos actos formativos para conmemorar este singular 8-M.

    Ademais de colgar xa durante a fin de semana o manifesto da Corporación municipal destacando o papel da muller ante a pandemia que estamos a vivir, tamén o luns estará dispoñible no portal web municipal un obradoiro de manualidades para crear o símbolo da muller con legumes e cores. Nel poderán participar os veciños e veciñas que queran facelo.

    SESIONES Será o martes da vindeira semana, día 9 de marzo, cando terá lugar a primeira das sesións formativas en liña, que baixo o lema A actitude multiplica versará sobre a motivación das mulleres. As actividades formativas continuarán os días 25 e 26 deste mesmo mes con outro curso sobre xestión de redes sociais, informan os responsables municipais.

    Indicar, finalmente, que desde o Concello pontevedrés informan que nos vindeiros días proporcionaranse as intrucións precisas e máis datos sobre estes módulos de creación e formación, cos que se conmemorará no municipio o 8-M, anndemais de colocar cartelería en distintos puntos e redes sociais. s. e.

    03 mar 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.