Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premian con vales de compra a entrega
de roupa para reciclar

Trátase da nova campaña de dinamización da patronal do Deza // Destinan dez mil euros
á iniciativa que se activará mañá mércores

Vales de compra de cinco euros por cada dez quilos de roupa usada ou residuos textiles que o usuario entregue para reciclar. Esta é a oferta que lanza a Asociación de Empresarios de Deza (AED) que presentou unha nova campaña de dinamización comercial, denominada Recíclate, con tres grandes obxectivos: contribuír á reactivación das compras nos establecementos asociados, promover a reciclaxe da roupa usada en mal estado e favorecer a reutilización das prendas en estado óptimo colaborando con entidades benéficas.

Recíclate, que se desenvolverá por primeira vez en Lalín, comezará mañá mércores 14 de abril coa instalación dun stand na Praza da Igrexa e nela poderán participar todas as persoas que se acheguen con roupa usada ou residuos textís convenientemente clasificados. A campaña consiste en premiar cun vale de cinco euros a entrega de 10 quilogramos de roupa usada, que ou ben irá para reciclar ou ben será entregada para ser reutilizada. Da axeitada xestión da roupa recollida encargaranse a firma Humana e o Desván Municipal de Lalín. En total, a AED ten previsto entregar 2.000 vales, o que suma un tope de gasto de 10.000 euros para toda a campaña, e cada un dos vales poderá ser utilizado nos establecementos para ser descontados en compras superiores a 25 euros. Só poderá entregarse roupa usada – non calzado– e deberá clasificarse en función do seu estado.

A mecánica para participar é acudir coa roupa usada ao stand da AED onde se procederá ao pesado das prendas e entregaranse xa os vales de compra correspondentes, que posteriormente poderán ser canxeados nos comercios afiliados ao CCA de Lalín.

13 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.