Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ratifican a devolución de 360.000 euros a unha lalinense por preferentes

Levou o caso o bufete de Pérez-Lema, que destaca a situación de exclusión desta muller

Deza. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín acordou a devolución de 360.000 euros (con xuros incluídos) á filla dunha lalinense que, na actualidade, atopábase en serio risco de exclusión social. O caso foi levado polo despacho de avogados e consultores Xoán Antón Pérez-Lema, e a sentenza está ratificada pola Audiencia de Pontevedra.

Desde o despacho de avogados Xoán Antón Pérez-Lema din sentirse “moi satisfeitos” co resultado, especialmente por esa situación de risco de exclusión na que se atopaba a cliente. Ao parecer, o seu pai, con diñeiro ganancial do matrimonio, mercou preferentes no 2009 ao Banco Pastor por valor de 295.000 €. Falece no 2010 e, un ano despois, o Popular merca o Pastor, convencendo á cliente do despacho e á súa nai, herdeiras do proxenitor, a canxear as preferentes en bonos subordinados a converter en accións en 2014.

A sentenza estima que a entidade comercializou este produto con defectuosa información (sen asesorar), polo que a compra por parte do proxenitor fíxose baixo un erro esencial e escusable, xa que non tiña información abondo nin capacidade suficiente para comprender os produtos financeiros que estaban mercando. m. outeiro

18 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.