Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Repiten os campións do certame morfofuncional

SILLEDA. Equina Galicia 2021 pechaba onte tres días de intensa actividade no recinto Feira Internacional Galicia Abanca. Entregáronse os premios do VII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, eixo central do evento. O campión e campioa do certame repetiron respecto á pasado edición, sendo o gañador Belmonte Torreluna, propiedade de Yeguada Torreluna, de Carmona (Sevilla), e a campioa Naviera RJ, da gandería Javier Neira, de Teo. En canto ao campión e a campioa Xoven foron, respectivamente, Arcano de Durán, propiedade da gandería Antonio Durán Altimira, de Lugo, e Dama Torreluna, da gandería Santos Pereira, de Ponte Caldelas. O adulto de Mellores Movementos foi Nazareno CPK (Ganadería Gorzano) e a gañadora foi Ura del Pas (Yeguada del Pas de Piélagos). Ambos en Cantabria. A campioa xoven de Mellores Movementos resultou Caprichosa de Noya, propiedade da gandería Manuel Rosendo Rodríguez, de Santiago. En Funcionalidade fíxose co primeiro premio Okela ZPK (Cantabria). Respecto á Mellor Gandería deste VII Campionato, foi Yeguada Los Alcores, de Valladolid. Os mellores poldro e poldra nados en Galicia foron Artista de Blanco (Diego Blanco, Teo), e Condesa de Cabaña (Carlos Conde, Teo). Tamén se celebrou a primeira xornada de liga da Copa Galega de Enganches, con 6 probas. C.E.

02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.