Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Respaldan a candidatura de Groba ao Princesa de Asturias

Lalín. O Consello de Administración do Padroado Cultural de Lalín vén de aprobar na súa última sesión do 25 de febreiro, por unanimidade dos asistentes, apoiar a candidatura de Rogelio Groba Groba ao Premio Princesa de Asturias das Artes, subliña o presidente do dito Padroado e alcalde de Lalín, José Crespo.

Un acordo unánime que se tomou sustentado nun informe realizado pola dirección do Conservatorio Profesional de Música de Lalín que se deu a coñecer no Consello, e no que se recolle unha argumentación razoada do porqué do apoio á proposta da Xunta de Galicia da candidatura de Groba ao mencionado premio. Unha proposta, segundo o Concello, que adquire especial relevancia, tendo en conta que Lalín ten na música unha das súas excelencias e sinais de identidade.

A candidatura pretende poñer en valor o papel que Rogelio Groba ten no ámbito da ensinanza e da difusión da proxección da cultural musical, tanto en Galicia como en España. Músico, intérprete e compositor galego, constitúe unha figura imprescindible para a música, non só pola súa calidade artística, senón tamén como impulsor da formación musical e humanística. arca

09 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.