Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Arranca o proxecto educativo con saídas guiadas nas que os escolares coñecen o patrimonio cultural // Alumnos do IES Pintor Colmeiro foron a Ponte Taboada

Saen a pintar o Camiño nenos e nenas de Silleda

O proxecto Trasdeza pinta o Camiño, que promove o Concello de Silleda no programa O teu Xacobeo da Xunta, botou a andar esta semana con actividades da primeira fase do traballo. Así, os protagonistas serán os centros escolares do municipio, que participan nesta iniciativa de promoción e dinamización do Camiño, ao seu paso por Silleda, cas artes plásticas como protagonistas.

Un dos cursos do IES Pintor Colmeiro abriu o mércores as sesións, realizando e analizando in situ o tramo Ponte Taboada-Silleda. O alumnado, guiado polo persoal de Amarelas S.Coop. foi provisto de material promocional e de unidades didácticas creadas para esta iniciativa.

Nos vindeiros días, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e cumprindo cas medidas hixiénico-sanitarias pola situación actual derivadas da pandemia do coronavirus (aínda que as actividades se desenvolven con grupos burbulla e ao aire libre), as mencionadas sesións continuarán con grupos do CEIP de Silleda, do CEIP Ramón de Valenzuela e do colexio María Inmaculada, que están xa a traballar sobre o patrimonio cultural e natural que se atopa ao longo do trazado da Vía da Prata que pasa polo municipio.

Tras un traballo de aula a través de cadernos didácticos creados para tal ocasión, ao longo de febreiro os catro centros participantes realizarán saídas ao medio aberto para coñecer en vivo os recursos patrimoniais. Os escolares continuarán cun traballo de aula sobre a comunidade de artistas pictóricos silledenses, outro dos eixos desta iniciativa. O proxecto inclúe unha xornada de pintura en vivo e un foro sobre esa arte para os vindeiros meses.

12 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.