Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Selección en Silleda da trece promoción de policías locales

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou onte o recinto feiral de Silleda no que se levou a cabo o primeiro proceso selectivo deste ano, ao que estaban convocadas 935 persoas, para as probas de acceso ao corpo de Policía Local de 35 concellos .

Rueda indicou que “reanudar as oposicións é unha boa noticia para todos os que queren acceder a un emprego estable e por ende tamén para os concellos xa que así poderán contar con mais axentes xa este mesmo verán, xa que os que aproben xa farán as prácticas nos seus respectivos concellos”. Así, unha vez rematadas todas as probas da oposición, no mes de maio dará comezo a 13 promoción de policía local.

Ás probas están convocadas 935 persoas para 94 prazas do corpo da Policía Local de 35 concellos galegos. Concretamente son os municipios de A Estrada, A Pobra do Caramiñal, A Illa de Arousa, Arzúa, As Neves, Barbadás, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Carballiño, Carballo, Carral, Cedeira, Fene, Fisterra, Foz, Lugo, Melide, Miño, Narón, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Oleiros, Ortigueira, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Soutomaior, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

A celebración dos exames no recinto de Silleda conta cun protocolo específico avalado polas autoridades sanitarias que autorizaron a celebración dos exames.

27 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.