Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda abordou con Cogami o plan de accesibilidade nas rúas da vila

Os primeiros labores están previstos na estrada N-525 por ter máis deficiencias

Silleda. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo un encontro co presidente de Cogami, Anxo Queiruga, e co director do Centro de Recursos que a entidade ten en Medelo, Iván García, no que abordaron distintas cuestións relacionadas coa colaboración entre as dúas entidades.

Tamén se debateu sobre a accesibilidade nas rúas e espazos públicos das dúas vilas silledenses. “Acordamos que Cogami teña acceso a todos os novos proxectos que se vaian plantexando e comprometémonos a executar por fases a mellora da accesibilidade”, indica o alcalde.

Deste xeito, as primeiras actuacións acometeranse no entorno da estrada N-525, que a día de hoxe rexistra polas antigüidades dos tramos as maiores deficiencias en canto a adecuación para as persoas con discapacidades físicas. Neste senso, Cuiña reiterou o agradecemento do Concello de Silleda á asociación pola súa participación na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible e polo “completo estudo que realizaron xunto a Working Wheels e que foi presentado a finais de 2018”, engade.

É un informe “que temos en conta e que quedamos en ir executando de xeito gradual”, indica o rexedor, agradecendo o traballo “minucioso que realizaron estes dous colectivos e que, sen dúbida algunha, redundarán nunha mellora da calidade de vida non só das persoas con mobilidade reducida, senón tamén de toda a poboación en xeral”, sinalou Cuiña. A.P.

23 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.