Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda abriu o prazo para as bonificacións do 95 % do IBI

Silleda. O prazo para solicitar a bonificación do 95 % no Imposto de Bens Inmobiles (IBI) para as explotacións agrogandeiras acordada polo Concello de Silleda está xa aberto. A modificación da ordenanza que regula esta bonificación aprobouse en pleno en maio de 2016, entrando en vigor a medida en xaneiro de 2017. A normativa establece que esta medida debe aplicarse con carácter rogado, o que significa que os propietarios deben de solicitar esta bonificación. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de marzo. Nos tres últimos anos tramitáronse preto de 300 solicitudes por anualidade.

Os propietarios de granxas, estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros -sempre que estén en activo- deben acudir ao Punto de Información Catastral (PIC) do Concello, situado nas oficinas da rúa Alfonso Trabazo, para pedir a correspondente bonificación. Alí deberán presentar a documentación para acollerse a este desconto. No caso daqueles veciños que xa solicitaron no ano anterior a bonificación, terán que acreditar só que continúan coa actividade agraria.

Indicar que Silleda e pioneira en aplicar esta bonificación do 95 % da parte da cuota íntegra IBI as explotacións agrarias. s. e.

03 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.