Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda acollerá mañá
a obra teatral de Nós Camiño a Compostela

SILLEDA. A obra teatral Camiño de Nós, que recrea o periplo dende Ourense a Compostela de 7 intelectuais e escritores membros da xeración Nós no verán de 1926, chegará a Silleda mañá venres, 1 de outubro, ás 12.30 no núcleo tradicional de O Foxo, un dos lugares máis emblemáticos que atravesa o Camiño por Santiago. Nesta proposta teatral dirixida por Rosa Puga Davila e adaptada por Luis González Tosar, rememórase o itinerario que fixeron a pé, dende Ourense a Santiago, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Antón Sánchez, Lois Feixóo, Afonso V. Monxardín e Florentino López Cuevillas. A representación, á que tamén se convidou ao alumnado de Secundaria, está aberta ao público en xeral. Esta representación está a percorrer os diferentes concellos que forman parte da Asociación Camiño de Nós. MARIA RENDUELES

30 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.